RUBAIYAT Omar Khayyam by Contomundi :: bookr ::pimpampum

RUBAIYAT Omar Khayyam

Descoñezo se existen unha xustiza e unha misericordia... Sen embargo, teño confianza, pois sempre fun sincero.

Dado que ignoras o que che reserva o día de mañá, esfórzate por ser feliz hoxe.

Rápidos como a auga do río ou o vento do deserto, os nosos días foxen...

Cando te cambalees baixo o peso da dor, cando xa non che queden máis bágoas, pensa na herba que reloce logo da choiva.

Noutro tempo, cando frecuentaba as mesquitas, non pronunciaba nelas ningunha pregaria, pero volvía de alí rico en esperanza.

Actúa de maneira que os teus demais non teñan que sufrir pola túa sabedoría. Domínate sempre. Non te abandones xamais á cólera.